The Folk Implosion
The Folk Implosion | |
---|---|
Lou Barlow en 2005 | |
Orixe | Boston, Massachusetts, |
Período | 1993 - 2004 |
Xénero(s) | indie rock, lo-fi, rock alternativo, trip hop |
Selo(s) discográfico(s) | Chocolate Monk, Communion Label, Interscope, Domino |
Membros | Lou Barlow John Davis Russ Pollard Imaad Wasif |
Artistas relacionados | Sebadoh |
Na rede | |
The Folk Implosion foi unha banda estadounidense de indie rock fundada a principios dos anos 90 por Lou Barlow e John Davis.[1] Inicialmente foi un proxecto paralelo iniciado por Barlow para explorar territorios diferentes aos da súa banda principal na época, Sebadoh.[1] O nome é un xogo de palabras co nome do grupo Jon Spencer Blues Explosion. The Folk Implosion está inactiva dende o ano 2004.
Historia
[editar | editar a fonte]Tras o lanzamento do traballo de Sebadoh Bubble and Scrape en 1993, Barlow recibiu unha cinta demo de Davis, compositor e bibliotecario, iniciando a súa colaboración como un equipo de compositores e un proxecto de gravación.[2] The Folk Implosion publicou Walk Through This World with the Folk Implosion en casete en 1993 a través do selo the Communion Label e como un EP de 7" en 1994 a través de Drunken Fish.[3]
O status da banda foi relativamente escuro antes do filme de Larry Clark Kids e da súa banda sonora, formada principalmente por composicións orixinais de Barlow e Davis. Tanto Sebadoh como The Folk Implosion colaboraron coa banda sonora, co tema "Daddy Never Understood" atribuído a Deluxx Folk Implosion. Deluxx Folk Implosion incluía a Barlow, Davis e aos membros da banda Deluxx Bob Fay e Mark Peretta.[2][4] A inclusión de Fay e Peretta no grupo permitiu a The Folk Implosion interpretar as súas cancións ao vivo.
"Natural One", unha das cancións de The Folk Implosion na banda sonora de Kids, converteuse nun éxito.[1] Chegou ao número 29 da lista Billboard Hot 100, ao 4 da Billboard Modern Rock Charts e ao 20 da Mainstream Rock Charts.[5] O tema tamén acadou o número 45 na lista de sinxelos británica.[6] O vídeo de "Natural One" foi incluído no Buzz Bin da MTV.[7]
En 1995 a banda colaborou coa canción "Indierockinstrumental" no recompilatorio Red Hot + Bothered, un álbum solidario para xente con SIDA producido pola Red Hot Organization.[8]
No ano 1996 o grupo versionou a canción "I'm Just a Bill" de Schoolhouse Rock! para o álbum tributo Schoolhouse Rock! Rocks como "Deluxx Folk Implosion".
Aínda que a banda intentou repetir o éxito de "Natural One", os seus seguintes lanzamentos non conseguiron repercusión.[1] Dare to Be Surprised foi publicado por Communion en 1997 e na recensión da revista Spin recibiu un 6 sobre 10.[9] O grupo comezara a traballar no disco en 1995, antes do lanzamento de "Natural One".[10] Despois do éxito da banda sonora de Kids, The Folk Implosion fichou por Interscope Records e gravou o álbum de 1999 One Part Lullaby. Debido a que non foi ben recibido pola crítica Barlow e Davis decidiron non xirar para promocionar o álbum e o proxecto na súa encarnación orixinal rematou.[2][11]
Despois de que Davis deixase a banda en 2000, Barlow recrutou a Russ Pollard e a Imaad Wasif do grupo Alaska! para gravar The New Folk Implosion. En 2002 a banda apareceu como músicos de acompañamento do protagonista da película Laurel Canyon, personaxe interpretada por Alessandro Nivola.
John Davis regresou á ensinanza e comezou a publicar música como artista en solitario no ano 2013.[12][13]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Take a Look Inside | 1994 | Communion Label |
Dare to Be Surprised | 1997 | Communion Label |
One Part Lullaby | 1999 | Interscope Records |
The New Folk Implosion | 2003 | Domino Recording Company |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 The Virgin encyclopedia of nineties music. Londres: Virgin en asociación con Muze UK. 2000. ISBN 0-7535-0427-8. OCLC 59455393.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 The rough guide to rock (3rd ed., expanded and completely rev ed.). London: Rough Guides. 2003. ISBN 978-1-84353-105-0. OCLC 59305933.
- ↑ Moed, Andrea (juño de 1997). "Folk Implosion: Homespun, Widespread". CMJ New Music Monthly.
- ↑ "The Deluxx Folk Implosion Did More Than That One Track on the 'KIDS' Soundtrack". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2020-09-11.
- ↑ "The Folk Implosion Songs ••• Top Songs / Chart Singles Discography ••• Music VF, US & UK hits charts". www.musicvf.com. Consultado o 2020-09-11.
- ↑ British hit singles & albums. (19th ed ed.). London: Guinness World Records. 2006. ISBN 1-904994-10-5. OCLC 64098209.
- ↑ "The Story of How Lou Barlow and 'KIDS' Soundtracked the Summer of 1995". www.vice.com (en inglés). Consultado o 2020-09-11.
- ↑ "Red Hot + Bothered: The Indie Rock Guide to Dating - Various Artists | Songs, Reviews, Credits | AllMusic" (en inglés). Consultado o 2020-09-11.
- ↑ Binelli, Mark (maio de 1997). ""Dare to Be Surprised (Review)"". Spin.
- ↑ Rosen, Craig (22 de marzo de 1997). "Folk Implosion Forgoes Major for Indie Label Communion". Billboard.
- ↑ Vineyard, Jennifer (outubro de 1999). "Enjoy the Silence". CMJ New Music Monthly.
- ↑ "About JD". johnhdavis / inundation records (en inglés). 2011-12-28. Consultado o 2020-09-11.
- ↑ "John Davis". People's Alliance. Consultado o 2020-09-11.